REUS, a Rede Española de Universidades Saudables, foi constituída no ano 2008, está constituída por máis de 30 universidades e 2 ministerios (Sanidade e Educación) e 9 estruturas de saúde públida das comunidades autónomas. O seu principal obxectivo é a promoción da saúde no ámbito universitario.
O 7 de outubro do ano 2009 realizouse o Día das Universidades Saudables, o cal forma parte do programa de REUS mencionado anteriormente. A meta das Universidades Saudables é incorporar a promoción de saúde no seu proxecto educativo e laboral.
Con motivo da celebración deste día, faremos unha saída ao campus de Esteiro dous días antes na que visitaremos a facultade de ciencias do traballo e asistiremos ás 12 da mañá a unha charla na que o ponente D. Juan Iglesias, nutricionista, falará de hábitos de vida saudable. A charla será acompañada da degustación dalgúns productos como froita ou produtos similares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario