Etiquetas

miércoles, 19 de octubre de 2016

Carreira pola saúde mental.

 O día 16 de outubro tivo lugar a primeira carreira (5000m) e andaina (3500m) pola saúde mental organizada por AFAES xunto coa Federación Galega de Atletismo, o Clube de Atletismo Narón, o Concello de Narón e outras entidades, na que participaron 800 personas, entre as cales estaba un dos nosos compañeiros. O tempo foi favorable para esta actividade. O seu percorrido transcurríu polo paseo marítimo de Xubia (Narón). A saída foi á altura do colexio Ponte de Xubia, e remataba no mesmo lugar. A proba estaba aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada corredor participou baixo a súa responsabilidade, dispoñendo de un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. Simultáneamente realizouse unha andaina, aberta a todos os públicos. A data límite de inscripción por medio da web foi o xoves 13 de outubro ás 23:59.




Convidámosvos a todos a entrar a nosa páxina para comunicarnos as vosas opinións ou experiencias no caso de participardes na carreira-andaina, e os animamos a entrar na páxina oficial de AFAES para coñecer máis detalles. Recibide un cordial saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario