Etiquetas

martes, 11 de octubre de 2016

Saída a Esteiro.

 Como xa vos comentamos anteriormente, o anterior mércores fixemos unha saída ao campus de Esteiro para asistir a unha conferencia sobre hábitos saudables relacionados especialmente coa alimentación e o exercicio físico presentada por dous monitores de ximnasio, na que poidemos participar coas nosas preguntas.
 A continuación houbo unha degustación de produtos ecolóxicos e adecuados para a xente vegana, como empanada de algas, pan sarraceno/árabe e un queique de algarroba, entre outros.
 Cando rematamos, fixemos unha marcha ata o paseo marítimo de Caranza, onde comimos xunto a capela do barrio xunto ao mar.
 Finalmente, cada un volveu a súa casa a pé ou no autobús.









 Foi unha xornada amena na que rompimos coa rutina cotiá e foi unha oportunidade para relacionarnos dun xeito distinto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario