viernes, 21 de octubre de 2016
Mirador de Ancos
Mostrámosvos aquí unha vista dos concellos de Narón e Ferrol vistos desde o Miradoiro de Ancos en Neda, onde divisamos a estrada de Castela e a ría ferrolá.
miércoles, 19 de octubre de 2016
Carreira pola saúde mental.
O día 16 de outubro tivo lugar a primeira carreira (5000m) e andaina (3500m) pola saúde mental organizada por AFAES xunto coa Federación Galega de Atletismo, o Clube de Atletismo Narón, o Concello de Narón e outras entidades, na que participaron 800 personas, entre as cales estaba un dos nosos compañeiros. O tempo foi favorable para esta actividade. O seu percorrido transcurríu polo paseo marítimo de Xubia (Narón). A saída foi á altura do colexio Ponte de Xubia, e remataba no mesmo lugar. A proba estaba aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada corredor participou baixo a súa responsabilidade, dispoñendo de un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. Simultáneamente realizouse unha andaina, aberta a todos os públicos. A data límite de inscripción por medio da web foi o xoves 13 de outubro ás 23:59.
Convidámosvos a todos a entrar a nosa páxina para comunicarnos as vosas opinións ou experiencias no caso de participardes na carreira-andaina, e os animamos a entrar na páxina oficial de AFAES para coñecer máis detalles. Recibide un cordial saúdo.
jueves, 13 de octubre de 2016
Grupo de Expertos de cocina.
Una de las actividades que desarrollamos en el centro es la cocina. Un compañero nuestro tuvo la idea de aprovechar una de las terapias para dar a conocer y exponer su pasión por el mundo culinario. Ahí dio una charla sobre este tipo de actividad, explicándonos sus secretos y proyectando algunos vídeos donde aparecen varios chefs famosos, como Chicote, Ferrán Adriá y Juan Mari Arzak. También tuvimos la oportunidad de hacerle algunas preguntas sobre el tema, y así informarnos sobre las innovaciones en la materia.
martes, 11 de octubre de 2016
Saída a Esteiro.
Como xa vos comentamos anteriormente, o anterior mércores fixemos unha saída ao campus de Esteiro para asistir a unha conferencia sobre hábitos saudables relacionados especialmente coa alimentación e o exercicio físico presentada por dous monitores de ximnasio, na que poidemos participar coas nosas preguntas.
A continuación houbo unha degustación de produtos ecolóxicos e adecuados para a xente vegana, como empanada de algas, pan sarraceno/árabe e un queique de algarroba, entre outros.
Cando rematamos, fixemos unha marcha ata o paseo marítimo de Caranza, onde comimos xunto a capela do barrio xunto ao mar.
Finalmente, cada un volveu a súa casa a pé ou no autobús.

Foi unha xornada amena na que rompimos coa rutina cotiá e foi unha oportunidade para relacionarnos dun xeito distinto.
jueves, 6 de octubre de 2016
Hábitos de vida saudable.
REUS, a Rede Española de Universidades Saudables, foi constituída no ano 2008, está constituída por máis de 30 universidades e 2 ministerios (Sanidade e Educación) e 9 estruturas de saúde públida das comunidades autónomas. O seu principal obxectivo é a promoción da saúde no ámbito universitario.
O 7 de outubro do ano 2009 realizouse o Día das Universidades Saudables, o cal forma parte do programa de REUS mencionado anteriormente. A meta das Universidades Saudables é incorporar a promoción de saúde no seu proxecto educativo e laboral.
Con motivo da celebración deste día, faremos unha saída ao campus de Esteiro dous días antes na que visitaremos a facultade de ciencias do traballo e asistiremos ás 12 da mañá a unha charla na que o ponente D. Juan Iglesias, nutricionista, falará de hábitos de vida saudable. A charla será acompañada da degustación dalgúns productos como froita ou produtos similares.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)