Etiquetas

jueves, 28 de abril de 2016

Ferrol rebelde

O pasado mércores 27 de abril fixemos outra saída en grupo na que fixemo unha ruta guiada pola nosa cidade coñecida como "Ferrol rebelde"na que tivemos a oportunidade de aprender cousas novas sobre a historia social e obreira de Ferrol, con frecuencia esquecida ou ignorada por moita xente.  O percorrido iniciouse as 11:00 da mañá no Cantón,onde se atopaba o antigo edificio do concello antes de 1953, e continuámolo pola praza das Angústias(monumento ó fundador do PSOE, Pablo Iglesias),Esteiro(antigo barrio obreiro ferrolán desaparecido a principios dos setenta),antigo muro de Bazán(onde recordamos o conflicto de marzo do 72) e a rúa da Terra(lugar da morte de Moncho Reboiras a mans da policía franquista no 75).O guía lembrounos tamen a personaxes histó- ricos da loita obreira como Francisco Iturralde(quen tiña unha escola racionalista), López Bouza,Aurora Fraguela(fundadora do primeiro sindicato femenino de traballadoras do porto),Mela Valcárcel(Mela a Carboeira),quen tivo un destacado papel despois dos tráxicos sucesos do 72,cando morreron Amador Rey e Daniel Niebla víctimas da represión.Falounos tamén do guerrilleiro Segundo Vilaboy,quen nos anos cuarenta foi capturado e torturado cruelmente,sen que delatara ós seus compañeiros,antes de ser executado.  Animámos-vos a todos a facer este percorrido, calesqueira que sexan as vosas ideas políticas porque é moi importante coñece-la verdadeira historia da nosa ci dade,sen rencores nen revanchismos e ollando sempre cara diante.Paga a pena.

 Un cariñoso saúdo a todos vosoutros.

                   
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario