Entre o mércores e o domingo desta semana celébrase en Ferrol a Feira do Libro, coincidindo este ano o Día do Libro(sábado 23) có 400 aniversario da morte de Cervantes.A inauguración terá lugar o día 20 ás 7´30 horas na praza da Constitución(zona do Cantón),cunha actuación do coro Toxos e Flores e o pregón do escritor Antón Cortizas.
O lema escollido este ano é "A patria da palabra",en lembranza do escritor Manuel María,a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.Participarán varias librerías de A Coruña,Ferrol e Santiago,así como as bibliotecas municipais de Ferrol e Narón.
Convidámosvos a todos a desperta-la vosa afición a lectura e a elexir os libros que vos parezan máis interesantes.O día do Libro haberá descontos especiais para quen queira comprar algún. Recomendámosvos unha ollada ó Quixote ainda que esta sexa breve, pois como sabedes é a máis importante das obras literarias españolas e un clásico da literatura universal.Tamen vos recomendamos a lectura de libros escritos en lingua galega,que nos últimos anos está bastante desprestixiada,sobre todo entre a xente nova,que cada vez a usa menos.
Gustaríanos que nos contásedes a vosa experiencia personal.
Un cordial saúdo a tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario