Etiquetas

jueves, 4 de agosto de 2016

EXCURSIÓN A LUGO


O 13 de xullo fixemos unha saída á cal estaban convidados os nosos familiares. O destino foi a provincia de Lugo. Na capital visitamos o Museo Provincial,onde tivemos ocasión de aprender sobre o legado artístico na provincia ó longo das diferentes etapas da historia de Galicia na provincia (prehistoria, antiguidade,idade media,idades moderna e contemporánea). Chamounos especialmente a atención o legado das épocas castrexa (torques,arracadas, esculturas zoomorfas e antropomorfas) e  romana (mosaicos).








A continuación fixemos un pequeno percorrido pola muralla lucense e algúns visitamos tamén a catedral de Lugo, da cal un dos nosos compañeiros fixo unha magnífica explicación.







Para finalizar fumos comer a Penas das Rodas, un lugar precioso con un encanto máxico e cheo de lendas, que vos recomendamos visitar se tedes ocasión. E para mostra, ahí vos van unhas imaxes: 














No hay comentarios:

Publicar un comentario