Etiquetas

lunes, 30 de abril de 2018

Poesía Salvaxe

 Poesía Salvaxe. Ferrol. www.diariodeferrol.com.

 Os versos voarán libres un ano máis por moitos recunchos da cidado ferrolá có gallo da undécima edición da Semana de Poesía Salvaxe. Juan Carlos Valle "Karlotti" e Guillermo Ferrández, impulsores da iniciativa xunto a Marcos Lorenzo, rodearanse a vindeira semana, do mércores 25 ao sábado 28, de moitos outros autores dispostos a tinguir de poesía a cidade naval.

 O programa comezará, desta volta, cun fermoso recital no que cinco recoñecidas poetas, agrupadas baixo o nome "Elas" farano ás 20:30 no Teatro Jofre. Antes haberá a tradicional proclama política ás 18:00 horas no Cantón. Isto o mércores 25.

 O xoves 26 haberá actos no mercado da Magdalena e Caranza.


 As propostas continuarán as 19:00h, no Ateneo Ferrolán, e as 22:00h na Sala Super 8 con varios convidados.

 A Semana da Poesía Salvaxe continuará o venres no mercado de Recimil ás 12:00h, para seguir o percorrido pola plaza do Inferniño as 12:30h e subirse á lancha da ría para gozar dunha sesión marítima bañada polos poemas.

 Ás 19:30h haberá un acto no Torrente Ballester e unha sesión de improvisación no Manchita, cousa a partir das 23:00h.

 Chegaráse así o derradeiro día o sábado 28, marcado pola sesión vermú e a festa de peche, que terá lugar na sede da Fundaçón Artabria. Así pois, a gozar da poesía cun acontecemento "onde a poesía ocupa o lugar natural: a rúa, a praza, alí onde se respira cada día, alí onde se moldea, e con ela o mundo, a vida, os soños e a loita por un mundo mellor, máis xusto", apuntan desde a organización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario