O día 10 de Agosto fixemos unha excursión a Coruña para visitar o Acuario Finisterrae, popularmente coñecido como "Casa dos Peixes". Esta aberto desde o 1999 e supón unha interesante vision da vida mariña en xeral, e da costa galega en concreto. As especies do acuario son todas habitantes do mar galego. Ademais de contemplar estas especies os visitantes teñen a oportunidade de visitar un museo sobre os mares e océanos do mundo.
Con respecto á fauna do acuario puidemos observar como alimentaban a "Gaston" un exemplar de Tiburón Touro oriundo de Sudafrica. O Submarinista cuidador ofrecíalle un anaco de pescada e tiña que insistir varias veces para que o devorara. Tamén puidemos observar a alimentación das focas comuns, e aprendimos que son unha colonia bastante numerosa e hai que evitar a endogamia (a reprodución entre individuos emparentados). Había tamén unha interesante exposición de seres vivos mariños de todos os océanos do mundo (mamíferos, aves, peixes, moluscos, crustáceos, etc.)
Logo continuamos no autobús polo paseo marítimo da Coruña ata que chegamos para comer no merendeiro de San Pedro de Visma. Despois da comida poidemos disfrutar dunha fermosa panorámica da cidade desde a cafetería do mirador situado na parte máis alta desta parroquia coruñesa, aínda que o tempo foi bastante fresco para a época do ano.
A mediodía regresamos a Ferrol, contentos coa nosa experiencia desexando voltar algún día a esta preciosa cidade que é Coruña para descubrir novos sitios interesantes, algúns deles pouco ou nada coñecidos.