Etiquetas

martes, 16 de febrero de 2016

EXCURSIÓN Á CAPELA




O mércores dez de febreiro fixemos unha visita ó Museo etnográfico da Capela.

A organizadora foi a nosa amiga Iria,alumna en prácticas de terapia ocupacional,

natural deste concello,a quen lembramos con agarimo.A visita incluíu tamén unha

ruta de 3km. por sendeiros dunha zona na que poderemos atopar sitios de interese

como muíños,igrexas,etc,pero infelizmente non puidemos percorrela por mor do tem-

po,moi chuvioso.

De tódolos xeitos foi unha experiencia moi enriquecedora,xa que puidemos facernos

unha idea de como era a vida rural nos tempos dos nosos avós e antepasados a través

dos numerosos obxectos relacionados coa cultura rural galega tradicional,concreta-

mente os relacionados coa vida cotiá(apeiros de labranza,ferramentas artesanais,etc)

doutros tempos.Tamén nos chamou a atención a antiga casa reitoral na que se atopa o

museo e a súa arquitectura(lareira,tellados,etc)

Recomendamos esta visita a todos os nosos coñecidos porque é moi importante saber de

onde vés para saber realmente onde te atopas no mundo.Ademáis,foi unha oportunidade

para a convivencia nun contexto distinto do habitual.



Brétemas”



E quedaron engaioladas
nas brétemas das ialmas
un feixe de lágrimas douradas
polo que un día foi e parece non voltar.

Quedaron sembradas miles de historietas contadas,
a carón do lume, co fume das lareiras
impregnando os lares,
deixando pegadas nas miradas dun presente
que se consume inútilmente
dentro da xente que se dí “decente”.

Cándo voltará o sentir da natureza,
o poder das bruxas meigas,
o cantar das fadas,
perocorrendo a lúa nos ollares.
Cándo os nenos a xogar cos campos perlados de saraiba.



Hai mirares doutras épocas,
que trascenden o dito,
e o que todavía está por dicir.









2 comentarios:

  1. Moitas gracias pola mención rapaces. Espero que o disfrutarades tanto coma min, a pesares do frío! Pena que o tempo non permitira ir de sendeirismo.

    Vémonos pronto, unha aperta

    Iria ��

    ResponderEliminar