Etiquetas

jueves, 26 de mayo de 2016

FORNO SOLAR EN PROCESO

Seguimos coa construcción do forno solar.Fixemos considerables progresos e queríamos compar-
tilos convosco mostrándovos algunhas fotos. Esperemos que vos gusten e vos animedes a facer
outro pola vosa conta se o atopades intetresante.






martes, 24 de mayo de 2016

Problemas técnicos y Los Limones!

Durante esta última temporada el apartado Musiculturarte no ha estado funcionando correctamente, a día de hoy está arreglado y esperamos que lo disfrutéis. Con clickear la barra superior con el mismo nombre encontraréis todas nuestras aportaciones a esta nueva sección.

Una de las entradas de nuestros compañeros se ha perdido en medio de estos "inconvenientes" informáticos, así que aquí la rememoramos para que no quede olvidada su aportación. Decía así y nos compartía este tema:


Hoy queremos compartir con vosotros esta canción de Los Limones "Ferrol"



Un saludo y gracias por leer


DIA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Gallegas queremos compartir convosco este poema de Manuel María. Esperamos que  vos guste.

A fala. Manuel María

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

martes, 10 de mayo de 2016

Excursión á Coruña

O vindeiro mércores 11 faremos unha saída na que visitaremos na cidade da Coruña o Muncyt(Museo de Ciencia e Tecnoloxía) a exposición "Big Neurona" sobre  funcionamento das neuronas do noso cerebro.Tamén iremos ó Kiosco Alfonso onde se expoñen diversas obras de pintura española dos séculos XVI ó XIX,traídas expresamente desde o Museo del Prado,unha boa ocasión para disfroitar delas sen termos que nos desplazar ata Madrid. Como outras veces,será unha estupenda ocasión tamén para convivir e pasa un día agradable nun contexto distinto ó habitual. Xa vos contaremos a nosa experiencia dentro duns días.Saúdos a todos.